Paradores lanza unha tarifa especial para peregrinos

Farán descontos de 15% a quen fagan o Camiño de Santiago e ofrecerán menús a 20 euros
Parador de Monforte.AEP
photo_camera Parador de Monforte.AEP

Paradores pon en marcha unha promoción especial para os peregrinos con motivo do Xacobeo en 2021 e 2022. é a primeira vez na historia que o Ano Xubilar celébrase dous anos seguidos por mor da pandemia.

Con esta tarifa Paradores súmase á dinamización turística do Camiño de Santiago como motor de recuperación emocional e económica.

Aqueles peregrinos que realicen o Camiño contan cun 15% de desconto sobre o prezo do aloxamento e almorzo da Tarifa Parador, así como en restaurante e cafetería, para estancias máximas de tres noites consecutivas no mesmo parador e non é válida para grupos.

Os paradores incluídos nesta promoción ofrecen un Menú Peregrino a 20 euros nos seus restaurantes e 18 euros nos Enxebres (excepto o de Santiago de Compostela e algunhas datas concretas de pontes e festivos) en servizo de xantar, bebidas non incluídas.

Os peregrinos non aloxados que queiran almorzar nun parador tamén contan cun desconto do 15% sobre a tarifa.

Para beneficiarse desta promoción, os clientes deberán presentar á súa chegada ao establecemento a Credencial Oficial do Peregrino conformada ou, no seu caso, a Compostela. 

Comentarios