O Parlamento apoia a proposta de Estatuto Electrointensivo elaborado pola Xunta

Buscan, así, "unha transición enerxética ordenada e xusta para solucionar os problemas de Alcoa e As Pontes"
Grupo parlamentario popular no Parlamento galego este mércores. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Grupo parlamentario popular no Parlamento galego este mércores. PEPE FERRÍN (AGN)

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores, co apoio de todos os grupos e a abstención do Partido Socialista de Galicia (PSdeG), unha proposta de Estatuto para os Consumidores Electrointensivos elaborado pola Xunta para presentar ao Goberno central. 

O Grupo parlamentario Popular realizou esta Proposición Non de Lei (PNL) na Cámara galega ante a "falta de resposta do Goberno central" para afrontar o "gran problema da industria galega" que, a xuízo dos populares, radica no "prezo da electricidade" para empresas como Alcoa en San Cibrao. 

Esta iniciativa pretende servir como "un sistema de apoio á industria electro intensiva" que reduza a tarifa actual aos "35 euros o megawatt por hora para competir en igualdade de condicións co resto de Europa", eliminar o céntimo verde ás factorías (pola contaminación) ou incrementar as axudas por compensación do CO2 que os populares cualifican de "insuficientes". 

Para iso, O Grupo Mixto, Grupo Común da Esqueda e BNG apoiaron a iniciativa, con todo, afearon ao PP o seu "inacción" cando o seu partido gobernaba no Estado.

AUTOVÍA VIGO-PORRIÑO. Por outra banda, no Parlamento galego tamén saíu adiante outra proposta para demandar ao Ministerio de Fomento a construción dunha nova autovía entre Vigo e O Porriño, xa que "é unha infraestrutura estratéxica" para conectar Vigo con Ourense, cara a Madrid pola A-52 e coa fronteira portuguesa pola A-55. 

Así o explicou a deputada popular Teresa Egerique, encargada de expor esta Proposición Non de Lei para incluír nun Plan extraordinario de investimentos nas estradas ou pola vía orzamentaria. 

O grupo Popular lembrou que esta autovía era "un compromiso asumido polo Goberno de Mariano Rajoy" que prevía un investimento de 337 millóns de euros para construír os 10 quilómetros de estrada. 

Comentarios