O Parlamento pedirá ao Goberno central que ceda a xestión do Pazo de Meirás

Reclama a execución da sentenza
El pazo de Meirás. EFE
photo_camera El pazo de Meirás. EFE

O Parlamento de Galicia situouse de forma unánime este venres a favor de que se execute a sentenza xudicial pola que a se falla que o Pazo de Meirás é propiedade pública e non da familia Franco, que anunciou recurso e, polo tanto, deixa o percorrido xudicial aínda aberto. 

Ademais desta petición, por mor dunha iniciativa presentada polo deputado do BNG Luís Bará na Comisión Institucional da Cámara autonómica, tamén se fai un recoñecemento ás persoas e institucións que traballaron para apoiar a reclamación que permitiu este fallo "histórico", en palabras dos tres grupos parlamentarios -PPdeG, PSdeG e BNG-, e que "denunciaron o espolio" das coñecidas tamén como Torres de Meirás. 

Neste escenario, o deputado do PPdeG Alberto Pazos Couñago anunciou que xa rexistrou unha proposición non de lei que fará que o Parlamento se sitúe, polo menos cos votos da maioría e o BNG -que xa anunciou que está de acordo-, a favor de reclamar ao Estado "a cesión da xestión" do Pazo de Meirás. 

O obxectivo desta cesión do inmoble, indica a iniciativa rexistrada, é que se poidan realizar usos culturais que expliquen a historia do inmoble, reivindiquen o "entendemento e a concordia" e "profunden" no papel das escritoras da literatura, particularmente, de Emilia Pardo Bazán, de quen foi residencia este inmoble, que conserva parte da biblioteca. 

Comentarios