O Parlamento recoñece coas súas Medallas a institucións de carácter social

Cáritas Diocesanas de Galicia, Aldeas Infantís SOS Galicia e Cogami recibiron os galardóns

O Parlamento de Galicia entregou este venres as súas Medallas a Cáritas Diocesanas de Galicia, Aldeas Infantís SOS Galicia e Cogami.

Desta forma, a Cámara lexislativa autonómica recoñece o labor das entidades que desenvolven o seu traballo no ámbito social e prestan apoio ás persoas máis vulnerables da sociedade.

A deste ano foi a terceira edición das Medallas do Parlamento de Galicia, e a súa entrega celebrouse coincidindo co aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia, o 6 de abril de 1981.

O acto, que tivo lugar no Salón dos Reis do Parlamento, estivo presidido polo titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Cámara autonómica, Miguel Santalices. Durante a cerimonia os asistentes entoaron o himno galego.


Comentarios