A budetense investigada por tráfico de armas revendía pistolas e facía tutoriais

Os investigadores identificaron a 17 compradores grazas á documentación intervida hai un ano

Carmen Otero, durante el juicio por el lanzamiento de cócteles molotov al Club Financiero de Vigo. AEP
photo_camera Carmen Otero, durante el juicio por el lanzamiento de cócteles molotov al Club Financiero de Vigo. AEP

A investigación policial, dirixida polo xulgado de instrución número 4 de Vigo sobre un grupo de persoas dedicadas á compravenda de armas, atribúe á anarquista budetense María del Carmen Otero a adquisición de pistolas detonadoras por internet, que posteriormente modificaba para que fixesen lume real, antes de vendelas a terceiros. 

Esta muller, María del Carmen Otero, veciña de Vigo, foi detida en xaneiro de 2017 por comprar armas por internet e logo revenderlas. No seu domicilio, a Garda Civil atopou varias armas, algunhas xa modificadas, anotacións sobre as súas transaccións e recibos de empresas de mensaxería.

Tras analizar esa documentación durante meses, os investigadores concluíron que a muller adquirira decenas de pistolas detonadoras que, posteriormente, modificaba para que fixesen lume real, antes de revenderlas. Para levar a cabo esas operacións, contaba coa colaboración de dúas persoas que, ou ben a axudaban nos envíos, ou ben se prestaban a recibir os paquetes coas armas que ela adquiría. 

Ademais da alteración das pistolas, os investigadores sosteñen que Carmen Otero gravaba vídeos tutoriales nos que se ve manipulando as armas modificadas e mesmo explosivos de fabricación caseira. De feito, en 2015 foi condenada por lanzar cócteles molotov contra a sede do Club Financeiro de Vigo. 

SEGUNDA FASE. Tras analizar toda a documentación incautada na vivenda desta veciña de Vigo, a Garda Civil puxo en marcha unha segunda fase do operativo iniciado en xaneiro de 2017, coa detención de 19 persoas: os dous homes que, supostamente, colaboraban con Carmen Otero e outros 17, que foron identificados como compradores das armas. 

Dáse a circunstancia de que, cando os axentes acudiron a deter a un deses compradores, un veciño do País Vasco, atoparon na súa casa, ademais da arma que supostamente lle vendeu Carmen, 1,5 quilos de cocaína e outros 4,5 quilos de haxix, material para manipular e envasar a droga, un teléfono, e outros efectos. 

Dos 19 detidos nesta segunda fase da operación policial, cinco compareceron este xoves antes o xuíz de instrución número 4 de Vigo (catro en persoa e un quinto, o detido en País Vasco, por videoconferencia). 

O maxistrado ordenou o ingreso en prisión do home ao que se atopou a droga, e a posta en liberdade dos outros catro, que deberán comparecer como investigados quincenalmente; mentres, o resto de implicados comparecerá en próximos días. A causa séguese polos supostos delitos de tenencia ilícita de armas, tráfico de armas, e pertenza a grupo criminal (ademais do delito de tráfico de drogas atribuído ao home que ingresa en prisión). 

Comentarios