martes. 22.10.2019 |
El tiempo
martes. 22.10.2019
El tiempo

Enfrontamento entre a Xunta e o BNG polos permisos do parque eólico do Oribio

Montaje del parque eólico en O Oribio. EP
Montaje del parque eólico en O Oribio. EP
O Goberno galego asegura que o polémico parque ten "todas as autorizacións" grazas ao "bo traballo" do bipartito

A Xunta indicou este venres que o parque eólico da Serra do Oribio, nos municipios de Samos e Triacastela, "cumpre todo o procedemento administrativo" e ten "todas as autorizacións en regra", un proceso que atribuíu ao Goberno bipartito da Xunta. 

"O BNG fixo moi ben o seu traballo entre 2005 e 2007", dixo o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, á deputada nacionalista Olaia Rodil, en relación ás datas da autorización inicial das obras para este parque eólico. 

Rodil trouxo á Comisión de Educación e Cultura do Parlamento a "preocupación social" pola construción deste parque eólico, dados "os prexuízos que vai causar sobre un espazo natural protexido", así como por danos no "patrimonio cultural" e no Camiño de Santiago, que transcorre pola zona. 

Na súa intervención, Rodil afirmou que "desde 2009 está prohibido que estes espazos protexidos acollan construcións de novos parques eólicos" e criticou a precipitación coa que se iniciaron no verán deste ano as obras –o proxecto data do 2000– "non ter que facer outra declaración de impacto ambiental", dado que a actual "caducaría en decembro".

AUTORIZACIÓNS EN REGRA. Na súa resposta, Tahoces recordou que este parque ten unha autorización administrativa que data de 2007, "emitida por unha consellería gobernada polo BNG", que está "plenamente vixente", e unha declaración de impacto ambiental "tamén emitida por esa Xunta en 2005 e plenamente vixente". "Todas as autorizacións administrativas que vostedes ditaron atópanse plenamente vixentes", apuntou. 

Así, segundo o representante da Xunta, o parque "cumpre todo o procedemento administrativo e todas as autorizacións esixidas" na actualidade, e a única controversia refírese a unha modificación das vías de acceso que a Xunta está á espera de comprobar cos informes, polo que "segue prohibida a súa utilización".

Enfrontamento entre a Xunta e o BNG polos permisos do parque eólico...
Comentarios