martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Unha persoa resulta ferida tras envorcar o seu vehículo en Arzúa

O accidente tivo lugar este domingo pola tarde na AC-231

Este domingo, sobre as 16.30 horas, unha persoa resultaba ferida ao envorcar o vehículo que conducía tras bater contra outro coche. O suceso ocorreu na AC-231, punto quilométrico 1, e foi preciso a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Arzúa e dos servizos sanitarios de urxencia.

Así mesmo, informouse do suceso ao persoal de Protección Civil da localidade e da Axencia Galega de Infraestruturas para recuperar as condicións de seguridade da vía.

A persoa ferida foi trasladada ao Hospital HM Rosaleda de Santiago de Compostela.

Unha persoa resulta ferida tras envorcar o seu vehículo en Arzúa