O persoal de Alcoa e a Xunta acordan esixir outro marco eléctrico ao Goberno

Os traballadores da Coruña e Avilés terán que aprobar este luns o preacordo alcanzado coa multinacional, que garante o emprego ata o 30 de xuño e o investimento de 20 millóns en cada unha das plantas

El conselleiro  Francisco Conde conversa en San Caetano, con representantes de comité de empresa de Alcoa. XOÁN REY (Efe)
photo_camera O conselleiro Francisco Conde conversa en San Caetano, con representantes do comité de empresa de Alcoa. XOÁN REY (Efe)

O comité de empresa da planta de Alcoa na Coruña e o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, acordaron unha liña de traballo conxunta para demandar un novo marco eléctrico ao Goberno a continuidade da actividade e o emprego na fábrica.

"O noso primeiro obxectivo é atopar o mellor proxecto industrial, pero para iso é necesario que se implique o Ministerio de Transición Ecolóxica, para garantir que as plantas sexan máis competitivas", asegurou o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, ao termo da reunión co conselleiro, que se prolongou durante máis de dúas horas.

Os traballadores das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés terán que aprobar en asemblea o vindeiro luns o preacordo alcanzado coa multinacional aluminera estadounidense, que garante o emprego ata o 30 de xuño e o investimento de 20 millóns en cada unha das dúas plantas.

De ser aprobado, como esperan desde o comité de empresa, pasaría a constituírse unha mesa con Alcoa, os traballadores e as administracións implicadas que se reuniría cada dúas semanas; o persoal da Coruña e a Xunta acordaron reunirse antes de cada un destes encontros para acordar as súas propostas e demandas.
Na reunión celebrada este venres no edificio administrativo da Xunta en Santiago de Compostela entre o comité de empresa, o conselleiro de Economía e industria e o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, debateron sobre os posibles escenarios que se abren a partir do luns, cando previsiblemente se aprobará o preacordo.

"Conseguimos seis meses máis para seguir loitando, pero a partir do martes toca seguir traballando; imos tratar de buscar un proxecto industrial que garanta a continuidade de todos os empregos", apuntou Corbacho.
Neste sentido, o comité de empresa considera "fundamental" para atopar un investidor "unha regulación eléctrica acorde ao que está a pasar en Europa", xa que a planta da Coruña necesita estar ben situada de face ao investidor para poder competir cos países da contorna.

Comentarios