jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Tres persoas resultan feridas no incendio dunha vivenda de Santiago

Un camión dos bombeiros. ARCHIVO
Un camión dos bombeiros. ARCHIVO
Dous dos afectados son nonaxenarios ► Outro lume calcina por completo unha nave en Camariñas

Tres persoas, dúas delas de idade avanzada, resultaron feridas tras declararse un incendio na súa vivenda, situada na parroquia de Aríns de Santiago de Compostela. 

O lume iniciouse ao fío das 11.00 horas deste sábado nunha casa situada no lugar de Devesa do municipio compostelán, segundo informa o CIAE 112 Galicia. 

A consecuencia das chamas, dúas dos ocupantes da vivenda, ambos os nonageranios, resultaron intoxicados por inhalación de fume e sufriron queimaduras de diversa consideración, polo que foron trasladados a un centro hospitalario polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061. 

Segundo sinala a central de urxencias, el lume puido iniciarse polo mal funcionamento dun calefactor. As chamas afectaron a un moble da casa e a roupa que se atopaba no baño da vivenda. 

Un dos profesionais participantes no equipo de extinción tivo que ser atendido por Urxencias Sanitarias 061

Ata o lugar do suceso desprazáronse, ademais do persoal do 061, efectivos dos bombeiros de Santiago, así como patrullas da Policía Local e Nacional.

INCENDIO NUNHA NAVA DE CAMARIÑAS. Por outra banda, tamén na mañá deste sábado, outro incendio calcinou por completo unha nave industrial situada no municipio coruñés de Camariñas. Ademais, un dos profesionais participantes no equipo de extinción tivo que ser atendido por Urxencias Sanitarias 061. 

Varios veciños da zona chamaron á central de urxencias ao redor das 10.30 horas para alertar da existencia dunha fumareda saíndo do tellado da nave, situada no lugar da Piosa, na parroquia de Santa María de Xaviña. 

A Garda Civil acudiuse no lugar para esclarecer os feitos

Tres persoas resultan feridas no incendio dunha vivenda de Santiago
Comentarios