viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Piden dous anos de cárcere para o acusado dunha agresión sexual en Ano Novo en Burela

La Audiencia Provincial de Lugo. PEPE TEJERO
La Audiencia Provincial de Lugo. PEPE TEJERO

A Fiscalía sostén que o procesado intentou violar a vítima, que prestou unha gran oposición e logrou librarse do seu agresor

A Fiscalía solicita dous anos de prisión para un home acusado dun delito de agresión sexual no seu propio domicilio no ano 2016. O xuízo celebrarase o próximo 27 de xuño ás 10.00 horas na Audiencia Provincial. 

Os feitos rexistráronse na mañá posterior á madrugada de Fin de Ano, na localidade de Burela. O acusado atopábase en compañía de M., á que momentos antes invitara a que o acompañase á súa casa. O home agarrouna fortemente polos brazos e tirouna sobre a cama, onde empezou a bicala na boca, a pesar da negativa de M. a manter relacións sexuais co acusado quen, para vencer a súa resistencia, comezou a separarlle as pernas. 

A pesar diso, M. con decidida oposición, comezou a darlle patadas podendo finalmente liberarse do seu agresor e abandonar a vivenda. 

O fiscal solicita dous anos de prisión e a prohibición de aproximarse a menos de 200 metros da prexudicada, o seu domicilio e lugares frecuentados por ela, ademais de evitar o contacto por calquera medio, ademais de pagarlle unha indemnización de 2.500 euros á muller. 

Piden dous anos de cárcere para o acusado dunha agresión sexual en...
Comentarios