A poboación galega en risco de pobreza aumenta ao 20%, con máis de medio millón de persoas

O 40,8% dos fogares galegos non pode permitirse irse de vacacións e o 5,7% ten moita dificultade para chegar a fin de mes 
El 18,7% de los gallegos estaba en 2017 en riesgo de pobreza. EP
photo_camera O 20% dos galegos estaba en 2019 en risco de pobreza. EP

O 20% da poboación galega, unhas 540.000 persoas, vive en risco de pobreza en 2019, segundo a Enquisa de Condicións de Vida publicada este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).  Esta taxa increméntase en máis dun punto respecto ao ano 2018, cando a cifra de risco de pobreza se situaba no 18,8%

A poboación nesta situación en Galicia (o 20%) é moi similar ao dato rexistrado en España (20,7%). Ocupa o oitavo posto entre comunidades. As taxas máis elevadas déronse en Estremadura (31,5%), Andalucía (31,3%) e Canarias (28,5%), mentres que a Comunidade Foral de Navarra (7,7%) e País Vasco (10,0%) presentaron as máis baixas. 

En canto á taxa AROPE de risco de pobreza ou exclusión social -que se constrúe coa poboación que se atopa en risco de pobreza ou con carencia material ou con baixa intensidade no emprego-, en Galicia sitúase no 24,3%, un punto por baixo da media (25,3%). As taxas AROPE máis elevadas déronse en Estremadura (37,7%), Andalucía (37,7%) e Canarias (35,0%). Pola súa banda, Comunidade Foral de Navarra (11,7%) e País Vasco (14,4%) presentaron as taxas de risco de pobreza ou exclusión social máis baixas.

DIFICULTADES A FIN DE MES. Por outra banda, en Galicia o 5,7% dos fogares ten moita dificultade para chegar a fin de mes, dous puntos por baixo da media nacional do 7,7%.  Ademais, segundo esta enquisa do INE, o 26,3% das familias de Galicia non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos (a media nacional é do 33,9%) e o 4,8% recoñece atrasos nos pagos relacionados coa vivenda, por baixo da media (6,9%). 

Así mesmo, indica que o 40,8% dos fogares galegos non pode permitirse irse de vacacións fóra de casa unha vez ao ano (33,4 por cento no resto do país). Os ingresos medios anuais netos por persona en Galicia situáronse en 11.218 euros, por baixo da media nacional, que é de 11.680 euros. 

Comentarios