A poboación de osos pardos na Cordilleira Cantábrica recupérase: hai 350 exemplares

A FOP explica que se uniron os dous grupos de plantígrados, o oriental e o occidental
Un exemplar de oso pardo. EP
photo_camera Un exemplar de oso pardo. EP
A poboación de oso pardo na Cordilleira Cantábrica "vai recuperándose" de forma "progresiva" e a Fundación Oso Pardo (FOP) estima que xa hai uns 350 exemplares, un número que vai "crecendo aos poucos". 

Así o anunciou este sábado, en declaracións a RNE, recollidas por Europa Press, o presidente da Fundación Oso Pardo, Guillermo Palomero, quen explicou que os dous grupos de oso antes separados, un na parte oriental e outro na occidental (os que fan incursións en Galicia), xa están "unidos" e pódese falar xa dunha "poboación continua" en toda a Cordilleira. 

Esta unión entre as dúas poboacións de osos fai, segundo Palomero, que melloren as posibilidades de recuperación da poboación de osos na parte oriental da Cordilleira. Polo menos xa se censaron 50 osos. 

Palomero sinalou que estes datos supoñen "boas noticias", aínda que advertiu que agora toca "xestionar adecuadamente" este crecemento na poboación do oso pardo. 

Comentarios