martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Os policías xemelgos investigados polo roubo de seis armas na Comisaría de Ourense negan os feitos

Bernardo y Roi D.L. (Alemania, 1974) posan durante unas prácticas de tiro en Ourense en el año 2013. EP
Bernardo y Roi D.L. (Alemania, 1974) posan durante unas prácticas de tiro en Ourense en el año 2013. EP
O seu avogado considera "acreditado" que ningún deles tivo participación e sinala ao "único vestixio de ADN" pertencente ao axente falecido

Os policías xemelgos Roi e Bernardo D.L. negaron este luns a súa participación no roubo de seis armas na comisaría da Policía Nacional de Ourense nos anos 2014 e 2015.  

Así o puxeron de manifesto este luns durante a súa declaración como imputados ante o Xulgado de Instrución número 1 de Ourense, en senllas declaracións que se estenderon ao longo de toda a mañá. 

A trama do roubo de armas atópase relacionada coa morte en abril de 2016 de Celso B.A., un compañeiro policía, efectuada mediante unha das pistolas subtraídas e que está a ser investigada de forma paralela polo Xulgado de Instrución 3, que mantén como investigados aos dous irmáns. 

O avogado dos xemelgos, Neil González, declarou á súa saída do edificio xudicial que, ao seu parecer, quedou "acreditado" que "ningún deles tivo participación nos feitos". 

É máis, o letrado sinalou como o "único vestixio existente" unha pegada de ADN na chave de acceso ao búnker onde se gardan as armas, correspondente ao policía falecido. 

Ademais, "Celso B.A. participaba no reconto de armas cando o armeiro estaba de vacacións ou necesitaba axuda", precisou o avogado da defensa para sinalar que "o falecido tiña acceso ao búnker". 

A tese sobre a que basearon a súa defensa os dous irmáns tamén puxo de manifesto que "Celso B. A. tiña especial interese no posto do mestre armeiro, porque gozaba de peculiaridades e un complemento específico", segundo sinalou o seu letrado. 

O relato dos xemelgos aludiu por tanto á posible existencia dun "motivo" para desacreditar ao mestre armeiro por parte do policía falecido.

A DEFENSA PIDE "APARTAR Á UDEV". O caso do roubo armamentístico foi reaberto hai uns meses, despois de que a Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Xudicial de Ourense realizase un informe no que culpa ao tres implicados da subtracción e o envío dunha serie de anónimos a Asuntos Internos. 

Concretamente, a UDEV sinala aos policías xemelgos como os autores do asasinato para evitar que fosen destapados polo seu amigo. No entanto, baixo o punto de vista do avogado dos irmáns "a UDEV non debería seguir investigando", motivo polo cal presentaron un escrito solicitando que sexa "apartada", por unha "cuestión de hixiene". 

"Non é normal que compañeiros da mesma Comisaría sexan os encargados de investigar a morte dun compañeiro que se atribúe a outros compañeiros", explicou Neil González. 

Á súa vez, o letrado da defensa dos policías xemelgos presentou o venres pasado un escrito de aproximadamente 30 folios, no que se pon de manifesto "todas as incorreccións, omisións e conxecturas que recolle o informe da UDEV". 

Neste contexto, o avogado manifestou que "o que fai a UDEV é un encaixe de datos de forma subxectiva, en base aos indicios que interesan para que apunten cara a un determinado sitio, descartando o resto", unha afirmación que baseou tamén "nun informe da Unidade de Asuntos Internos que consta en autos". 

Os policías xemelgos investigados polo roubo de seis armas na...
Comentarios