miércoles. 15.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 15.07.2020
El tiempo

As forzas políticas galegas reciben o discurso de Felipe VI entre o agrado e o rexeitamento total

Felipe VI. EFE
Felipe VI. EFE
O PPdeG acusa ao PSdeG de achegarse "máis a ERC" que ao Rei ► BNG, En Marea e Común da Esquerda sinalan á propia institución como "anacrónica"

PPDEG. O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, valorou este mércores o discurso de Nadal do rei Felipe VI e, tras destacar a "idoneidade das súas palabras", lamentou que o Partido Socialista estea "máis preto de ERC" que da "sensatez" do rei Felipe VI. 

"Houbo un tempo no que a mesura da Casa Real tiña fiel reflexo nos dous grandes partidos estatais. Por desgraza un deles está hoxe máis cerca do discurso de ERC que da sensatez de Felipe", apuntou. 

Nun comunicado remitido aos medios tras a emisión do tradicional discurso de Nadal pronunciado por Felipe VI, o dirixente popular cualificou de "acerto" a reivindicación da Constitución feita polo monarca. 

"A súa defensa da diversidade territorial de España, compatible plenamente cunha unidade do Estado, é a nosa forma de entender a política de hoxe fronte aos que queren facer negocio da ruptura do país", manifestou. 

Tellado agradeceu o xesto do Rei cos galegos que padeceron os efectos das inundacións nas últimas semanas

De feito, o número dous do PPdeG asegurou entender a preocupación de Felipe VI ante aqueles que "están a sementar dúbidas achega do funcionamento dunhas institucións que, nalgúns casos, están a ser empregadas só para dividir e tensar a vida política". 

Ademais, o popular sostivo que a referencia a Cataluña feita polo Rei supón unha "carga de profundidade" non só para os políticos que "están a intentar derrubar o país desde a Generalitat ou o Parlament, senón tamén para aqueles que blanquean as súas accións desde o Palacio da Moncloa". 

Tellado agradeceu o xesto do Rei cos galegos que padeceron os efectos das inundacións nas últimas semanas e puxo en valor o acerto de facer unha mención expresa a aquelas persoas que aínda padecen "o drama do desemprego". 

PSDEG. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxo en valor que o rei Felipe VI aproveitase o espazo televsivo para defender a Constitución e os valores de "igualdade, solidariedade e liberdade". 

"Coincidimos na defensa da Constitución e na confianza do noso país para abordar os grandes retos de futuro, así como na importancia da igualdade, a solidariedade e a liberdade", resaltou o líder dos socialistas galegos. 

Gonzalo Caballero tamén apostou por remarcar máis a importancia de avanzar nunha "transición ecolóxica"

 Nun comunicado remitido aos medios tras a emisión do tradicional discurso de Nadal, Gonzalo Caballero puxo en valor que Felipe VI apuntase tamén a relevancia da "concordia" dentro da "diversidade de España"

Así mesmo, valorou que o xefe do Estado rexeitase explicitamente "os extremismos", entre os cales Gonzalo Caballero citou a ultradereita. Ademais, celebrou que o monarca mencionase aos sectores "máis vulnerables da sociedade, o desemprego e a desigualdade". 

Iso si, o máximo dirixente dos socialistas galegos ha considerado necesario "marcar máis os discursos na defensa do Estado do benestar e do Estado das autonomías", así como na loita pola igualdade real e contra a violencia de xénero". 

Gonzalo Caballero tamén apostou por remarcar máis a importancia de avanzar nunha "transición ecolóxica cara a modelos de desenvolvemento sostible que respecten o medio ambiente". 

BNG. Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego mostrou o seu rexeitamento ao discurso por considerar que volve ser a "expresión desa visión uniformadora do Estado español, que está moi afastada da realidade plurinacional e plurilingüe na que se conforma realmente". 

Nun comunicado remitido aos medios, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, criticou que Felipe VI defenda en se discurso de Nadal a Constitución como un "marco de convivencia" cando, na súa opinión, "é xusto o contrario". 

Para Rego, "evidencia o anacronismo dunha institución como a monarquía, que considera "incompatible" cun sistema que "queira ser democrático"

"Négase a Galicia como nación, os nosos dereitos colectivos como pobo e a posibilidade de avanzar en democracia e en benestar social", censurou o parlamentario nacionalista. 

Néstor Rego cualificou a mensaxe como un discurso "pretendidamente social impostado" que, ao seu xuízo, "é moi alleo e moi distante da realidade social e das aspiracións da sociedade galega". 

Todo iso, para Rego, "evidencia o anacronismo dunha institución como a monarquía, que considera "incompatible" cun sistema que "queira ser democrático" no que "o xefe do Estado debe de ser elixido polo conxunto dos cidadáns". 

EN MAREA. O portavoz de En Marea, Luís Villares, tamén mostrou o seu descontento co discurso e censurou que non aproveitase para denunciar ás forzas políticas que "fan bandeira do machismo, da contaminación e da precariedade". 

Nun comunicado remitido aos medios tras a emisión do tradicional discurso do Nadal, Villares considerou que a mensaxe mostra, unha vez máis, que "a monarquía española é unha institución anacrónica que ten que desaparecer". 

En Marea lamenta que o resto de preocupacións que ten a sociedade española "estivesen ausentes" no discurso

"O certo é que a única preocupación que ten o monarca, que expresa e pola que toma partido, ten que ver co debate político sobre a forma de organización da convivencia e que é consecuencia dunha tensión democrática por decidir a forma de organización política", asegurou Villares, que critica que a "única" preocupación do Rei sexa aquela que lle "pon en risco o posto de traballo"

En Marea lamenta que o resto de preocupacións que ten a sociedade española "estivesen ausentes" no discurso dun monarca que só as atendeu desde a neutralidade, a pesar de asegurar defender os valores da convivencia". 

Fronte a iso, a formación sinala que o "primeiro valor da convivencia" debe de ser a igualdade entre homes e mulleres. "Polo tanto, había que sinalar a aquelas forzas políticas de dereita que propugnan o machismo como bandeira de acción política", criticou Villares. 

COMÚN DA ESQUERDA. O Grupo Común da Esquerda lamentou que o rei Felipe VI se sume aos "constitucionalistas a tempo parcial", "que usan a Constitución como arma política pero que a esquecen para defender asuntos fundamentais como o emprego, o dereito á vivenda ou a igualdade entre homes e mulleres". 

"Agora o que nos preocupa é o auxe da extrema dereita e unha monarquía que está ancorada nas tradicións do pasado"

Así o expresou nun comunicado remitido aos medios unha das portavoces do Grupo, Luca Chao, quen censurou que o xefe do Estado non tivese "nin un segundo" para acordarse "das decenas de vítimas da violencia machista"

Así mesmo, asegurou coincidir co monarca na preocupación polos "extremismos". "Agora o que nos preocupa é o auxe da extrema dereita e unha monarquía que está ancorada nas tradicións do pasado", manifestou a deputada, que considera que a Casa Real está "lonxe das esixencias democráticas" da actualidade. 

As forzas políticas galegas reciben o discurso de Felipe VI entre o...
Comentarios