domingo. 07.03.2021 |
El tiempo
domingo. 07.03.2021
El tiempo

Detido tras agredir e morder unha moza en Lugo e intentar pegar a varios policías

Rúa Tui. XESÚS PONTE
Rúa Tui. XESÚS PONTE
Os feitos ocorreron ao redor das 9.00 horas do pasado domingo na zona dos locais de lecer da Rúa Tui

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada de Seguridade Cidadá en servizo de Radiopatrullas detiveron un mozo logo de agredir e morder unha moza en Lugo e intentar pegar aos policías que interviñeron no altercado. 

Segundo informou a Policía Nacional, o arrestado foi identificado como un veciño da provincia de Lugo, pero nacido en Pontevedra, de 30 anos, que foi detido como presunto autor dun delito de atentado a axente da autoridade, logo de participar nunha liorta na zona dos locais de lecer da Rúa Tui. 

As mesmas fontes policiais relataron que sobre as 9.00 horas do pasado domingo recibiuse unha chamada na sala operativa do 091 para avisar de que na rúa Tui estaba a producirse "un altercado". 

De inmediato, presentouse no lugar unha patrulla de axentes de servizo que estaba nas proximidades dentro do dispositivo de control establecido para controlar a zona de lecer do triángulo que vai desde Camiño Real á Fonte dos Ranchos, concretou a Policía. 

Unha vez no lugar, unha moza nova manifestoulles que fora agredida e mordida por un mozo, ao cal "non coñece de nada", concreta a Policía, momento no que o presunto agresor preséntase no lugar, "ensanguentado, desaliñado e cun pé descalzo, en todo momento cun estado de agresividade cara aos axentes" alí presentes, abundan as mesmas fontes. 

Mentres os policías continúan coas pescudas para tratar de aclarar os feitos, este mozo "arremete co puño cara aos axentes en dúas ocasións", subliña a Policía Nacional, motivo polo cal é reducido e detido, momento no que morde na man a un dos policías e causa danos no uniforme doutro. 

Posteriormente, o mozo é trasladado a un centro médico para que sexa curado das feridas que presentaba, logo do que foi levado aos calabozos á espera de ser posto a disposición xudicial. 

A moza que fora agredida polo mozo detido presentou denuncia do ocorrido e, de todo iso, deuse traslado á autoridade xudicial. 

Detido tras agredir e morder unha moza en Lugo e intentar pegar a...
Comentarios