viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Pontón, sobre Anova: "O BNG ten as portas abertas para os que teñen o corazón no país" 

Ana Pontón. PEPE FERRÍN (AGN)
Ana Pontón. PEPE FERRÍN (AGN)

"Xa o dixen, e nesta ocasión con máis forza", aseverou a líder do BNG cuestionada sobre unha posible reunificación do nacionalismo galego

A líder frentista, Ana Pontón, volveu a asegurar que o Bloque Nacionalista Galego "ten sempre as portas abertas para os que teñen o corazón e a cabeza neste país". 

Pontón realizou estas declaracións este luns a preguntas dos xornalistas sobre a hipotética reunificación do nacionalismo galego, que encara as eleccións xerais do próximo 28 de abril dividida en tres opcións políticas: o BNG, unha En Marea controlada polos sectores máis próximos ao nacionalismo trala saída de EU e Podemos; e Anova, que decidiu non presentarse. 

Deste xeito, como xa manifestou en diferentes ocasións, a líder do Bloque incidiu en que a formación frentista representa o lugar común para aqueles "que teñen a cabeza e o corazón" en Galicia, polo que o BNG "sempre ten as portas abertas". 

"Xa o dixen, e nesta ocasión con máis forza", aseverou Ana Pontón cuestionada sobre unha posible reunificación do nacionalismo galego despois da decisión de Anova –organización creada trala ruptura do Bloque en 2012 baixo o impulso de Beiras– de non concorrer a unhas eleccións, por primeira vez desde a súa fundación, en alianza con forzas de ámbito estatal. 

Con todo, o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, asegurou o pasado sábado nunha entrevista en Europa Press que a súa formación continúa apostando pola chamada "unidade popular", aínda que matizou que a decisión definitiva terana as bases da organización a través dun proceso de "refundación" que culminará coa celebración da IV Asemblea Nacional, prevista para despois das eleccións municipais de maio. 

Pontón, sobre Anova: "O BNG ten as portas abertas para os que teñen...
Comentarios