martes. 01.12.2020 |
El tiempo
martes. 01.12.2020
El tiempo

El PPdeG reclama 300 millóns máis para Galicia nos PGE e o BNG pide chegar aos mil

Tellado e Pontón. EP
Tellado e Pontón. EP
O PSdeG asegura que a comunidade "está por encima da media do Estado en investimento directo" nos Orzamentos Xerais do Estado 

Os deputados galegos do PP expuxeron sobre un centenar de emendas parciais ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE), que se tramita no Congreso, coas que solicitan un incremento duns 300 millóns de euros nos investimentos para Galicia.

Estas emendas, que forman parte das 1.500 presentadas polo PP ás contas públicas, foron anunciadas en rolda de prensa polo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, tras a reunión que mantivo este mércores cos deputados e senadores do seu partido.

Tellado asegurou que o obxectivo destas emendas é "corrixir o enorme agravio" dos PGE con Galicia e explicou que se trata de investimentos para as catro provincias, entre as que se atopan as estacións intermodais de Ourense e Santiago, a terminación da A-74 e fondos para a celebración do Xacobeo 2021, entre outras propostas.

O dirixente do PPdeG indicou que son un conxunto de emendas para "tratar de equilibrar o investimento territorial" do Goberno central, que destina a Galicia un 6,6 por cento deste capítulo, o que supón uns "mínimos históricos", mentres que para outras comunidades, como Cataluña, incrementouse nun 50 por cento.

Pola súa banda, a portavoz do BNG, Ana Pontón, reiterou que o apoio da súa formación aos Orzamentos Xerais do Estado dependerá de que respecten "os intereses" de Galicia e aumenten o investimento para a comunidade ata un "mínimo" de mil millóns de euros.

En declaracións realizadas aos medios tras unha reunión mantida en Ourense, Pontón advertiu de que o partido "non vai cambiar de opinión en función de quen goberne Madrid" e incidiu en que as actuais contas de PSOE e Podemos "discriminan" a Galicia. 

En concreto, criticou o recorte do 11 % no investimento, isto é, 104 millóns menos que as últimas contas deseñadas polo goberno de Mariano Rajoy, mentres noutros territorios como Valencia, Cataluña e Andalucía "dispáranse", con incrementos "do 40 e do 50 por cento". 

Todo iso, a pesar de que ditos territorios "teñen Ave desde hai décadas e vemos como seguen tendo investimentos importantes", abundou Pontón. 

A portavoz do BNG insistiu en que o BNG non vai cambiar de opinión "en función de quen goberne na Moncloa. O BNG vai votar si se realmente os intereses de Galicia están contidos nestes orzamentos", remarcou. 

O PSdeG di que os PGE achegan maior investimento medio a Galicia que a España
O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, asegurou este mércores que "Galicia está por encima da media do Estado en investimento directo" nos Orzamentos Xerais do Estado xa que, detallou, a de España sitúase en 250 euros, fronte aos 308 da comunidade autónoma.

"É imposible que os orzamentos máis sociais da nosa democracia sexan malos para Galicia", remarcou nunha rolda de prensa na Coruña tras chamar a PP e BNG "irresponsables" por non apoiar as contas.

Neste sentido, indicou que se incrementa un 10,3 % o gasto social" o que, ao seu xuízo, supón beneficiar "especialmente a comunidades como Galicia, que teñen máis dependencia do gasto social".

El PPdeG reclama 300 millóns máis para Galicia nos PGE e o BNG pide...
Comentarios