O prazo de inscrición termina este venres para as escolas infantís públicas autonómicas e as prazas públicas concertadas de iniciativa privada para o curso 2020-2021.
A presentación de solicitudes para estas prazas de 0 a 3 anos deben realizarse preferentemente de xeito telemática a través da sede electrónica da Xunta.
A lista definitiva darase a coñecer o 20 de xullo e abrirase o prazo de matriculación, que se estenderá entre o 21 e o 30 dese mesmo mes.
Segundo informa a Xunta nun comunicado, será o primeiro curso completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos. Ademais, en cada unha das sete cidades polo menos unha escola infantil pública autonómica ampliará o seu horario de apertura ata as 20.00 horas.