Primeira vez que Galicia suma catro días consecutivos sen mortos por Covid-19

Nin os hospitais nin as residencias notifican novos decesos este domingo
Un grupo de sanitarios, durante uno de los múltiples homenajes que recibierno desde el inicio del estado de alarma. XOÁN REY (EFE)
photo_camera Un grupo de sanitarios, durante unha das múltiples homenaxes que recibiron desde o inicio do estado de alarma. XOÁN REY (EFE)

Os hospitais e as residencias para maiores de Galicia non comunicaron este domingo, por cuarto día consecutivo esta semana, ningún falecemento por coronavirus –as dúas últimas mortes foron notificadas o martes e o mércores .

É a primeira vez que a comunidade rexistra catro días seguidos sen falecementos ligados co Covid-19, cuxa cifra total continúa sendo 618.

Desta forma, o Sergas constata que desde o inicio da pandemia morreron 486 persoas en atención hospitalaria e 132 dentro de residencias de maiores.

Ademais deste domingo 7 de xuño, os días sen mortes atribuídas á pandemia en hospitais foron os pasados 29 de abril, 14, 18, 19, 25, 27, 28, 29, 31 de maio, 1, 4, 5 e 6 de xuño.

RESIDENCIAS. En canto ás residencias de maiores de Galicia os casos de Covid-19 diminúen ata os 19 usuarios contaxiados e os traballadores afectados baixan a 15, segundo os datos trasladados pola Consellería de Política Social, que tamén confirmou que se reducen as cifras de afectados en centros de atención a discapacitados (un usuario e tres traballadores).

Despois de que se recuperaron seis usuarios de Santa Teresa de Jornet (A Coruña) e outro de Caser A Zapateira (Culleredo), a cifra total de afectados maiores reduciuse a 19.

Así, do total de casos entre usuarios de residencias, doce rexístranse no centro Santa Teresa Jornet da Coruña, un en Caser A Zapateira, dous na residencia Concepción Areal, e outro máis en cada un dos restantes centros afectados (DomusVi Matogrande, O Portazgo, DomusVi San Lázaro e CRAPD de Vigo).

Con respecto aos traballadores, quedan 15 afectados tras o alta que recibiu un empregado de Santa Teresa de Jornet. Agora quedan catro nesta residencia, tres na nosa Señora da Esperanza de Ourense, tres en San José Hermanitas de Ourense, dúas en Orpea Culleredo, un en Remanso Claudina-Somoza, outro en San Carlos de Celanova e outro en Caser A Zapateira.

CAPD. Nos centros de atención a persoas con discapacidade recuperáronse un usuario e un traballador da DomusVi Bóveda, polo que só queda un maior afectado neste centro.

Ademais, segue habendo tres empregados que padecen a enfermidade. Dous en Santa María-San Rosendo e outro en Monterrei-San Rosendo.

Comentarios