jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Os primeiros Premios Galicia de Turismo recoñecerán o "bo facer" do sector

Nava Castro, Román Rodríguez e Cesáreo Pardal, na presentación dos Premios Galicia de Turismo. PEPE FERRÍN (AGN)
Nava Castro, Román Rodríguez e Cesáreo Pardal, na presentación dos Premios Galicia de Turismo. PEPE FERRÍN (AGN)
O conselleiro Román Rodríguez destaca que o sector merece un "recoñecemento" tras "o segundo mellor verán" da historia da comunidade 

A Xunta e o Clúster de Turismo preparan un "gran evento autonómico" para recoñecer as cifras cultivadas polo sector nos últimos anos, con vocación de continuidade e a mirada posta no Xacobeo 21. A primeira edición dos Premios Galicia de Turismo recoñecerán "o bo facer" dos profesionais galegos e aquelas iniciativas que destaquen polo seu éxito, innovación e papel na promoción da comunidade como destino.

O obxectivo é trasladar o "orgullo" dun sector que se atopa "na primeira liña nacional e internacional", segundo destacou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, nun momento en que Galicia se asocia a un "turismo de calidade, sustentable, pegado ao territorio" e que xera dinamismo económico.

O certame inclúe nove categorías. Un xurado presidido polo propio Rodríguez decidirá sobre as mellores propostas de vangarda, sustentabilidade, patrimonio, promoción e evento de entre todas as propostas que se presenten até o 3 de novembro. 
Outro tres premios serán concedidos pola propia industria do Clúster para recoñecer á mellor traxectoria, embaixador nacional e embaixador internacional, mentres que unha novena proposta, o galardón á mellor localización de Galicia, será decidido polos internautas a través de diversas fotografías que se poderán votar na web dos premios.

No acto de presentación do certame, Román Rodríguez, trasladou a "vontade" da Xunta de recoñecer "o bo traballo e bo facer" dos profesionais do sector para impulsar actividades "tan significativas" para Galicia.

UN GRAN EVENTO

Ao mesmo tempo, preténdese cubrir "un baleiro", o de "un gran evento autonómico" que poña o foco na a dimensión do sector como "motor económico" e "elemento tractor" de creación de emprego. Estes premios entregaranse, deste xeito, nunha gala que se celebrará a finais deste ano na Coruña.

Un evento, destacou Rodríguez, no que os "grandes protagonistas" serán as persoas e empresas que "traballan día a día" para que Galicia sexa "un referente", que achegan "calidade" ao sector e favorecen a "desestacionalización e descentralización" do fluxo turístico.

O titular de Cultura insistiu, ademais, en aproveitar "o gran reto" e a "grandísima oportunidade" do Xacobeo 21 para situar o sector a través do modelo propio nun mercado competitivo. Para iso, esgrimiu as cifras cultivadas este exercicio, co "segundo mellor verán" da historia de Galicia e o mellor primeiro semestre. 

Os primeiros Premios Galicia de Turismo recoñecerán o "bo facer" do...
Comentarios