Un grupo de seis amigas de Salvaterra gaña 46,3 millóns de euros na Primitiva

Trátase do segundo premio máis grande entregado en Galicia

O sorteo da Primitiva celebrado este xoves, 23 de novembro, deixou un cuantioso premio de 46,3 millóns de euros en Salvaterra de Miño. As afortunadas son seis amigas da localidade pontevedresa, segundo revelou a loteira que vendeu o boleto. 

A combinación gañadora foi 11-45-43-35-9-3, o complementario o 33 e o reintegro o 6. O boleto selado na localidade pontevedresa conseguiu  o premio especial (seis acertos máis o reintegro) e fíxose con 45.785.634,21 euros. A esta cantidade hai que sumarlle outros 545.434,81 euros por ser un do tres resguardos con seis acertos. En total, as afortunadas levan un premio total de 46.331.069,02 euros. 

O boleto premiado foi vendido no despacho número 86.005, situado na rúa Fonte da Vila de Salvaterra de Miño.

O SEGUNDO PREMIO MÁIS GRANDE DE GALICIA. Este premio é o segundo máis grande entregado en Galicia. A marca absoluta tena un boleto de Euromillones de Noia que foi agraciado en 2014 con 65,1 millóns. Así mesmo figuran neste destacado ranking outro boleto de 45 millóns validado no tamén municipio coruñés de Zas en 2005 e un terceiro selado en xullo de 2015 en Moaña, cunha recompensa de 41 millóns. 

En setembro, a Primitiva tamén deixou 14,6 millóns en Arzúa.