miércoles. 13.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 13.11.2019
El tiempo

Prisión provisional para o home que encañonou o dono dun bar na Coruña

Cervexería na que aconteceu o suceso, na Rolda de Outeiro da Coruña. GOOGLE
Cervexería na que aconteceu o suceso, na Rolda de Outeiro da Coruña. GOOGLE

Ao home investígaselle polos delitos de lesións, ameazas e tenza ilícita de armas

O xulgado de garda decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home detido este fin de semana logo de encañonar cunha arma o propietario dun bar na Coruña. 

Segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao home investígaselle polos delitos de lesións, ameazas e tenza ilícita de armas. 

Os feitos ocorreron na madrugada do sábado ao domingo, cando o agora detido entrou nunha cervexería da cidade da Coruña pedindo unha consumición. Cando o propietario lle dixo que non lla serviría, porque se atopaba pechando, o home sacou unha pistola e apuntoulle con ela, chegando incluso a apertar o gatillo, aínda que se atopaba descargada.

No bar quedaban aínda algunhas persoas, que foron testemuñas do suceso e que retiveron o home, o cal, con todo, conseguiu escapar. Foi detido pouco despois pola Policía e na mañá deste luns pasou a disposición xudicial.

Prisión provisional para o home que encañonou o dono dun bar na Coruña
Comentarios