jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

O profesorado galego toma as rúas para esixir a redución do horario lectivo

Protesta na Praza do Toural, en Compostela. CIG-ENSINO
Protesta na Praza do Toural, en Compostela. CIG-ENSINO
Decenas de docentes concéntranse nas sete cidades galegas para reclamar a reversión dos "recortes"

O camiño cara á folga de profesores de decembro continúa o seu curso. Decenas de docentes tomaron as rúas das sete cidades galegas como parte da súa campaña de protestas para esixir á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a redución do seu horario lectivo e así volver ao anterior aos "recortes" no ensino. 

As mobilizacións están impulsadas desde a unidade sindical, por parte das organizacións que forman parte da mesa sectorial de Educación (CIG-ENSINO, CC.OO. Ensino, FeSP-UXT e ANPE), STEG e CSIF. Estes sindicatos pactaron unha serie de accións para denunciar a "falta de negociación" por parte da Xunta para recuperar este dereito perdido. 

O Goberno de Alberto Núñez Feijóo, como fixo o PP no Estado ao ano seguinte, implantou a partir de 2011 unha ampliación do horario lectivo dos docentes que supuxo o paso de 21 a 25 horas en primaria e de 18 a 20 en secundaria. Isto levou, segundo denunciaron, a unha serie de recortes nos persoais docentes e a imposibilidade de realizar desdobres nas aulas. 

'21 en primaria e 18 en secundaria' foi consígnaa principal dos docentes concentrados na Praza do Toural compostelá, que se apiñaron tras unha pancarta na que se lía 'recuperemos ou noso horario'. 

"Non pedimos traballar menos, senón traballar mellor", puntualizaron, para esixir unha vez máis "recuperar o que se lle foi arrebatado"

Alí tres profesores leron un manifesto no que criticaron que a perda de prazas e os recortes orzamentarios levaron a unha "perda da calidade" do ensino, que marcou "a última década" do sistema educativo. 

Así mesmo, denunciaron a "negación da negociación" por parte dos responsables da Xunta, e que levou aos docentes a emprender estas mobilizacións para intentar recuperar un horario, como están a facer outras comunidades autónomas .

INVASIÓN DE COMPETENCIAS. Tamén recriminaron que o Goberno estatal do PP invadiu "por primeira vez desde a Transición" as competencias da comunidade autónoma, ao impor desde 2012 esta medida en todo o territorio nacional e "aplicar a tesoira con contundencia". 

"Non pedimos traballar menos, senón traballar mellor", puntualizaron, para esixir unha vez máis "recuperar o que se lle foi arrebatado" nun proceso de ensino-aprendizaxe "cada vez máis complexo". 

A escena repetíase á mesma hora (19.30) noutras seis cidades, como parte dunha campaña de protestas que desembocará o 21 de decembro nunha folga de profesores. 

O profesorado galego toma as rúas para esixir a redución do horario...
Comentarios