O programa Vacacións en Paz traerá a 325 nenos saharauís a Galicia

O conselleiro de Política Social firma o convenio, que conta con 75.000 euros, con Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para que nenos poidan vir desde Tinduf 

Foto de archivo de varios niños llegados en 2012 con el programa 'Vacacións en paz'.AEP
photo_camera Foto de archivo de varios niños llegados en 2012 con el programa 'Vacacións en paz'.AEP

O programa Vacacións en Paz traerá a 325 nenos saharauís a Galiciaemais das actividades que se están realizando en case todas as comarcas, as familias non terán que adiantar nada", pois existía certa intranquilidade polo atraso na aprobación dos orzamentos en municipios que pagan o gasto de transporte non o puidesen facer ante da viaxe.

Isla aproveitou para "agradecer á Xunta e ao resto de institucións que colaboran para que un ano máis poidan vir a Galicia máis de 300 nenos saharauís, pero sobre todo ás familias acolledoras que durante o verán danlles a estes nenos o mesmo agarimo que a un fillo seu, ademais de estar a colaborar en todos os concellos para facer posible esta viaxe".

A presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí agradeceu a colaboración de Política Social e do Sergas, "xa que todos os nenos cando chegan a Galicia pasan a súa revisión sanitaria". Ademais, acordouse dunha familia de Ferrol que "está a facer posible para que un neno saharauí que quedou por enfermidade poida irse recuperando aos poucos".

Comentarios