PSdeG, Galicia en Común e BNG piden que se apracen as oposicións de Educación

A oposición critican que a Xunta de Galicia manteña os prazos previstos
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark

Os partidos da oposición en Galicia -PSDEG, Galicia en Común e BNG- demandaron un pronunciamiento "claro" da Xunta sobre se as probas da Ofera Pública de Emprego para Educación seguen adiante co calendario previsto ou se se suspenden os exames, como xa decidiron outras comunidades autónomas, ante a crise sanitaria provocada polo coronavirus.

En sendas roldas de prensa por videoconferencia celebradas este luns, os portavoces dos principais partidos da oposición criticaron a postura da Xunta, que remitiu unha carta aos opositores a pasada semana na que comunicaban que o proceso seguía adiante segundo os prazos previstos (cos exames en xuño) a expensas da evolución da crise.

PSdeG, Galicia en Común e BNG coinciden en que, como xa anunciaron a práctica totalidade das comunidades autónomas, as probas deben suspenderse ante a previsión de que as medidas para evitar a propagación do virus continúen vixentes en xuño e que isto imposibilite a realización duns exames que reúnen por centos de persoas.

Por todo iso, demandan un pronunciamiento "claro" á administración autonómica que encabeza Alberto Núñez Feijóo para clarificar aos opositores que ocorrerá co proceso convocado para deica pouco máis de dous meses.

PSdeG pide "acordar" un calendario

Na súa rolda de prensa, o secretario xeral do PSDEG, Gonzalo Caballero, censurou que o presidente galego "escapase de dar unha resposta" clara na pasada xornada sobre un proceso selectivo ao que están chamados miles de opositores.

Dada a actual situación de crise sanitaria polo Covid-19, o líder dos socialistas galegos considera que se fai "moi complexo de xestionar en xuño" un proceso cuxo sistema tradicional de celebración é presencial.

Por iso, ao seu modo de ver, é preciso "acordar un calendario" que permita "dar certidumbre" aos opositores. Para iso, tendeu a man" ao Executivo autonómico.

Ao tempo, fixo fincapé en que Feijóo tampouco "foi claro" este domingo na súa apelación a  buscar fórmulas para que os nenos poidan saír de forma controlada. "Limitouse a trasladar unha preocupación que temos todos cada día, pero tampouco achegou ningunha recomendación", constatou.

Dito isto, reafirmouse en que, sendo consciente e "preocupándolle" a situación "dificultosa" do confinamento, "sobre todo para os nenos", tamén considera que agora mesmo "a loita contra o virus é o prioritario" e, neste sentido, son as autoridades competentes en materia sanitaria as que deben fixar os pasos que corresponde dar en cada momento.

En Común: "Garantía Sanitiaria"

"A Xunta é a única administración que non tivo unha resposta clara sobre as oposicións en educación", sentenciou o portavoz da coalición Galicia En Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, nunha rolda de prensa telemática este luns.

Para o tamén secretario xeral de Podemos Galicia, as oposicións han de celebrarse "nun contexto de garantía sanitaria" tanto para os candidatos como para o persoal que vela polo seu funcionamento, polo que considera que manter a data para mediados de xuño "é algo que non entende ninguén" ante o contexto actual.

Así as cousas, demandou á Consellería de Educación que convoque aos sindicatos e os axentes sociais a unha mesa na que se defina un calendario para o proceso selectivo que, segundo Gómez-Reino, debería adaptarse á situación educativa que se abre tras este curso, marcado pola interrupción das clases durante a primeira quincena de marzo.

BNG: "O lóxico é aprazalas"

Con respecto á convocatoria das oposicións, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, recordou que xa a semana pasada os nacionalistas reclamaron "claridade" para as persoas que esperan por este proceso e manifestou que "só cuestións electoralistas poden explicar" que se manteña a convocatoria en Galicia.

A xuízo do BNG, "o lóxico" é "aprazalas" ata 2021, iso si, "con garantías" de manter todas as prazas nas mesmas especialidades como ata agora e que se poidan sumar" as que correspondan pola taxa de reposición do ano que vén.

O que parece "imposible" é "xuntar a tantas persoas" no mes de xuño, o que supón "pór en risco a miles de persoas", ás que pediu aclarar as "incertezas".

Comentarios