jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

O PSdeG pide a Baltar que explique o uso de diñeiro público "para comprar alcaldes para o PP"

Manuel Baltar. AEP
Manuel Baltar. AEP

Os socialistas aseguran que o presidente da Deputación está a levar a cabo "diversas operacións de captación de alcaldes doutras formacións"

O PSdeG-PSOE solicitou por rexistro a comparecencia "urxente" do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na próxima comisión provincial deste mércores para que explique "o uso de millóns de euros públicos" co fin de "comprar alcaldes doutras formacións para as filas do Partido Popular".  Tal como sinalaron os socialistas ourensáns nun comunicado, o presidente da Deputación está a levar a cabo "diversas operacións de captación de alcaldes doutras formacións políticas" para ser candidatos do PP nas próximas municipais, que decidirán "quen será o próximo presidente da Deputación". 

Así mesmo, o PSdeG subliñou que esta práctica "de untar a rexedores con promesas para que fichen polo PP, xa a puxeron en práctica os populares en anteriores procesos electorais" con outros alcaldes que durante os seus mandatos "foron regados con centos de miles de euros extraordinarios".  "Estes comportamentos atentan contra os principios democráticos máis básicos e contra códigos de ética pública, como o do Pacto Antitransfuguismo, que permitiu introducir reformas legais para loitar contra estes comportamentos", explican os socialistas na súa solicitude. 

Neste sentido, o PSdeG reclamou que Baltar expoña "con detalle" o uso "fraudulento" do diñeiro público e que compareza na próxima comisión provincial informativa de Transparencia e Administración, que terá lugar este mércores, día 13 de febreiro. 

O PSdeG pide a Baltar que explique o uso de diñeiro público "para...
Comentarios