jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

O PSOE sería a primeira forza en Galicia se houbese xerais agora, segundo o CIS

Caballero e Feijóo. ARQUIVO
Caballero e Feijóo. ARQUIVO
O PP fora o partido máis votado o 10-N, cos socialistas a escasa marxe ► A enquisa chega a poucos meses das autonómicas

O PSOE sería primeira forza en Galicia se se celebrasen de novo outras eleccións xerais, segundo o estudo poselectoral realizado polo CIS e publicado este xoves. 

O PP foi o partido máis votado nas eleccións do 10 de novembro en Galicia, co PSOE a escasa marxe. Previamente, nos comicios xerais de abril os socialistas conseguiron ser a forza máis votada por primeira vez nuns comicios. 

No último estudo do CIS, realizado en decembro de 2019, á pregunta de se se volvesen a celebrar eleccións xerais a que partido votaría un 22,4% dos enquisados responde que ao PSOE, pouco máis dun punto por riba do PP (21,2,%). Estes datos publícanse a comezos dun 2020 no que haberá eleccións autonómicas en Galicia. 

Despois deles, en terceiro lugar atópanse En Común-Unidas Podemos (8%), seguido de BNG (4%), Vox (2,4%), Cs (2%), Pacma (1,2%) e un 0,2% responde a outro partido. Un 13,2% non votaría, mentres preto dun cuarto dos enquisados non sabe ou non contesta ou votaría en branco. 

Pola súa banda, se á pregunta da que partido votaría se suma a simpatía por esa formación de cara a outras xerais, o PSOE (28,4%) aumenta en Galicia a súa distancia co PP (24%), até máis de catro puntos. 

Nesta cuestión (de voto máis simpatía) En Común-Unidas Podemos (8,4%) tamén sería terceira forza na comunidade, con Cs neste caso en cuarto lugar (4,8%), seguidos de BNG (4%), Vox (3,2%) e Pacma (2%).

Cataluña, el paro e a exhumación de Franco
Nun informe de preto de 200 páxinas, o CIS realiza multitude de preguntas poselectorais. Por exemplo, cuéstionase se a situación en Cataluña tivo influencia no voto. Un 21,6% dos galegos enquisados contesta que si, mentres un 78,4% responde que non. 

Sobre se a exhumación de Franco tivo algunha influencia no seu voto, un 5,2% dos galegos enquisados responde que si, mentres máis dun 94% di que non. 

Noutra orde de cousas, o paro sitúase como a principal preocupación para os galegos (un 38%), seguida dos políticos (26%) e os problemas económicos (10%)

O PSOE sería a primeira forza en Galicia se houbese xerais agora,...
Comentarios