O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou de 15 contaxios por coronavirus entre unha cuadrilla de mozas que celebrou dúas festas en senllos domicilios particulares en Vigo e en Nigrán, ás que asistiron unha vintena de persoas.
Nestes momentos está a procederse ao rastrexo e ao cribado dos contactos destes mozos, e é previsible que se acaben confirmando novos contagios, sinalan as fontes sanitarias.
Polo momento os positivos confirmados déronse non só entre membros da cuadrilla, senón tamén entre os seus contactos e familiares.
O Sergas recorda á poboación xuvenil a necesidade de cumprir coas medidas de seguridade e de distanciamento social imprescindibles paravitar a infección do coronavirus e a súa transmisión.
Na mesma liña, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu "non baixar a garda nin un segundo" a pesar de que na cidade, "en termos relativos" e en comparación con outras zonas de Galicia, a cousa vai "bastante ben".
Caballero fixo extensivo esta mensaxe aos maiores e, sobre todo, aos mozos, aos que pediu que eviten contaxiarse "con todas as súas forzas" e a que se pasean coa súa cuadrilla, que o fagan coa máscara posta.