miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

Rajoy e Casado arrouparán a Feijóo no aniversario da súa primeira vitoria

Casado e Rajoy, nunha imaxe de arquivo. AEP
Casado e Rajoy, nunha imaxe de arquivo. AEP
O acto terá lugar en Ourense este sábado

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrará este domingo -un de marzo- o undécimo aniversario da súa primeira vitoria electoral arroupado polo actual líder do partido, Pablo Casado, e o expresidente do Goberno Mariano Rajoy.

O acto, segundo avanzou este mércores nunha rolda de prensa en Santiago de Compostela o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, terá lugar en Ourense, a "provincia do presidente Feijóo", natural dos Peares.

Casado e Rajoy coincidirán nun acto multitudinario ao que está previsto que acudan máis dun milleiro de afiliados e simpatizantes, desvelou.

Para o PPdeG, este 1 de marzo será unha xornada de especial relevancia durante a precampaña de cara ao cinco de abril porque servirá para reivindicar os once anos de boa "xestión e responsabilidade" de Núñez Feijóo á fronte do Goberno galego, dixo Tellado.

Por iso, o número dous do PPdeG remarcou que no partido "estamos tremendamente satisfeitos de que -Rajoy e Casado- coincidan o vindeiro domingo para celebrar os "once anos do primeiro triunfo" de Alberto Núñez Feijóo. 

Rajoy e Casado arrouparán a Feijóo no aniversario da súa primeira...
Comentarios