Os rapaces da Casa do Neno visitan as instalacións de El Progreso en Santiago

Coñeceron o funcionamento da redacción dun xornal con motivo da Semana da Prensa

Visita dos rapaces da Casa do Neno
photo_camera Visita dos rapaces da Casa do Neno

Un grupo duns vinte rapaces de cinco e seis anos do colexio Casa do Neno visitaron este venres as instalacións do Grupo El Progreso en Santiago de Compostela. 

Co gallo da Semana da Prensa, coñeceron o funcionamento da redacción dun xornal e elaboraron unha noticia. Na delegación compostelá do grupo sitúase a Axencia Galega de Noticias e a redacción de Galiciaé, a plataforma dixital que abrangue as webs de El Progreso e Diario de Pontevedra.

Unha guitarra causa furor na redacción

Comentarios