domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

Ratificado o calendario laboral de Galicia, con San Xosé e San Xoán como festivos

Foto de arquivo dunha cacharela da noite de San Xoán. DP
Unha fogueira de San Xoán. DP

Ao coincidir o día da Constitución e o de Todos os Santos en domingo, a Xunta ten opción de mover dous festivos no calendario

O Consello da Xunta ratificou este xoves o decreto que fixa o calendario laboral para o 2020 e que contempla como festivos propios da Comunidade autónoma o día de San Xosé (19 de marzo), o de San Xoán (24 d xuño), así como o 25 de xullo, Día de Galicia.

Diso informou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do seu goberno, que deu luz verde ao calendario laboral para 2020 despois de que este fose analizado polo Consello Galego de Relacións Laborais.

A Xunta recordou que a normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece 14 festivos anuais de ámbito nacional non recuperables, remunerados e de carácter obrigatorio.

Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles, a non ser que coincidan en domingo. Trátase do 1 de xaneiro, o Venres Santo (10 de abril en 2020), o 1 de maio, o 15 de agosto, o 12 de outubro, o 1 de novembro, o 6 e o 8 de decembro e o 25 de decembro.

Con todo, en 2020 hai dous festivos nacionais que coinciden en domingo, o 1 de novembro, que é o día de Todos os Santos, e o 6 de decembro, día da Constitución. Por iso, estas dúas xornadas serán substituídas en Galicia por outros dous días festivos –San José e San–Juan .

As comunidades autónomas tamén poden substituír outros tres festivos de carácter nacional, aínda que no caso de Galicia non se realicen modificacións. Desta forma, mantense o 6 de xaneiro, día de Reis, que só se cambia se coincide en domingo e o Xoves Santo (que en 2020 celebrarase o 9 de abril) e que tampouco se varía tradicionalmente.

Ademais, dáselle opción ás comunidades para que elixan entre o 19 de marzo e o 25 de xullo e, neste caso, Galicia sempre escolle o 25 de xullo por ser o Día Nacional de Galicia, como quedou establecido polo Decreto 8/1978.

Deste xeito, unha vez aprobados os festivos de carácter autonómico, cada concello deberá establecer os seus dous festivos locais. Para iso, será necesario a súa aprobación polos plenos das administracións locais. 

Ratificado o calendario laboral de Galicia, con San Xosé e San Xoán...
Comentarios