Ratifican a condena de case tres anos para Sinaí Giménez por ameazas a un zamorano

A Audiencia Provincial considera que o autodenominado "príncipe dos xitanos" e dúas das súas irmás amedrentaron a un dos vendedores ambulantes do clan rival

Sinaí Giménez. DP
photo_camera Sinaí Giménez. DP

A Audiencia Provincial en Vigo ratificou a condena a dous anos e 8 meses de cárcere a Sinaí Giménez, do clan dos Morones, por ameazar de morte a un feirante zamorano no mercado de Redondela en novembro de 2015. Segundo informa a TVG, tamén condena a dúas das irmás do autodenominado "príncipe dos xitanos", María Consuelo e Irene, polo mesmo delito.

Considérase así probado que Giménez díxolle a Felipe S., do clan rival, que o ían a matar a el e a toda a súa familia, que mellor se fose para Castela e que se fose comprando un panteón alí, á vez que lle facía o sinal dunha pistola coa man. Así mesmo, atribúeselle o lanzamento dunha barra de ferro que non chegou a impactar no ambulante ao que pretendía amedrentar, do mesmo xeito que a súa sobriña Débora, quen portaba unha navalla e fixo xestos de cortarlle o pescozo.

É a primeira sentenza firme polo conflito entre vendedores ambulantes da provincia de Pontevedra. 

Comentarios