domingo. 11.04.2021 |
El tiempo
domingo. 11.04.2021
El tiempo

Recibe a alta nun hospital de Vigo un dos primeiros contaxiados en Galicia

Cardenio foi despedido cunha ovación por parte do persoal do hospital vigués. SALVADOR SAS (EFE)
Cardenio foi despedido cunha ovación por parte do persoal do hospital vigués. SALVADOR SAS (EFE)
Un dos primeiros contaxiados por coronavirus en Galicia recibiu este xoves a alta no hospital Vithas Fátima de Vigo, onde ingresou o pasado 5 de marzo e estivo 40 días na UCI, máis outros 17 en planta.

Cardenio, veciño de Vigo, de 70 anos, é probablemente o primeiro caso non importado de contaxio por Covid-19 en Vigo, apuntan a Efe fontes do centro hospitalario.

Ingresou por unha posible pneumonía -presenta patoloxías previas- e o seu positivo foi dos primeiros confirmados en Galicia, e entre os cen primeiros de España.

A súa muller tamén estivo ingresada no Hospital Vithas Fátima pero non chegou a pasar pola Uci, detallan as fontes.

Nestes momentos hai na Uci deste centro hospitalario un só paciente, máis outros seis en planta.

Tras recibir o alta logo de dar negativo en dúas probas de PCR, Cardenio foi despedido cunha ovación por parte do persoal de todas as categorías do hospital.

Ademais, recibiu unha mensaxe motivacional asinada por todo o persoal que o atendeu directamente, e unha das asesoras persoais de saúde dedicoulle un alalá, unha composición tradicional galega, especialmente escrita para a ocasión.

Recibe a alta nun hospital de Vigo un dos primeiros contaxiados en...
Comentarios