domingo. 11.04.2021 |
El tiempo
domingo. 11.04.2021
El tiempo

Recuperan 22 quilos de percebes escondidos nun cortello en Oleiros

Os furtivos foron sorprendidos nas proximidades do faro de Mera, en Oleiros. EP
Os furtivos foron sorprendidos nas proximidades do faro de Mera, en Oleiros. EP
Tres furtivos foron denunciados por extraer o marisco sen permiso de explotación e saltándose o confinamento

Axentes do Seprona da Coruña identificaron a tres furtivos que extraeron percebes sen permiso de explotación e saltándose o confinamento nas inmediacións do faro de Mera, en Oleiros, e que trataron de esconder nun cortello de porcos.

Os infractores intentaron escapar da Garda Civil atravesando varias leiras privadas e, na súa identificación e posterior localización do percebe foi necesaria a colaboración dos axentes de Oleiros.

Recuperaron un total de 22 quilos de marisco que foi devolto ao mar, informa este xoves a Garda Civil nun comunicado.

Os furtivos foron denunciados ante a Consellería do Mar e ante a Subdelegación do Goberno na Coruña. 

Recuperan 22 quilos de percebes escondidos nun cortello en Oleiros
Comentarios