miércoles. 08.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.07.2020
El tiempo

As redeiras poderán optar a unha axuda máxima de 450 euros polo estado de alarma

Rosa Quintana, conselleira do Mar, nunha visita a unha lonxa. EFE
Rosa Quintana, conselleira do Mar, nunha visita a unha lonxa. EFE
Non puideron beneficiarse da prestación por cesamento de actividade 

O plan da Xunta para a reactivación do sector marítimo pesqueiro inclúe axudas por un total de 400.000 euros para as rederas, un colectivo que non puido beneficiarse da prestación por cesamento de actividade durante o estado de alarma e que poderán optar a un pago único de 450 euros en compensación pola crise do coronavirus.

A medida foi anunciada este luns pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante unha reunión mantida con representantes das rederas de Porto do Son (A Coruña), no que presentou a liña para este colectivo incluída no plan 'Avantemar', dotado cunha inxección global de 77 millóns de euros en apoios ao sector marítimo pesqueiro.

Quintana destacou a importancia de "dar cobertura a estes profesionais", especialmente os que, segundo detalla a Xunta nun comunicado, "non ven beneficiados opr as achegas e medidas deseñadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ao amparo da modificación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para facer fronte á pandemia".

Poderán acceder a estas axudas as rederas autónomas e asociadas a algunha entidade que desarollasen a súa actividade no ano anterior á data da presentación das solicitudes e que quedasen excluídas do cesamento de actividade durante o estado de alarma.

Marisqueo e outras axudas

O plan 'Avantemar' tamén inclúe medidas para os profesionais do marisqueo que pararon temporalmente a súa actividade debido ao peche da canle 'Horeca' e que tampouco puideron beneficiarse do cesamento durante o estado de alarma.

Para eles, o programa de reactivación da Xunta destina 5 millóns de euros procedentes de fondos europeos e autonómicos. Así mesmo, tamén contempla outros 7 millóns de euros en subvencións a buques, ademais doutra liña de 600.000 euros para confrarías e xestores de lonxas en compensación pola caída de ingresos.

Visita a Cabo de Cruz

Ademais de visitar Porto do Son, a conselleira tamén se desprazou este luns ao porto de Cabo de Cruz, en Boiro (A Coruña), onde supervisou a fase final da instalación dos módulos do pantalán para mexilloeiros.

Un equipamento que será conmpletado durante o mes de agosto, unha vez conclúa a instalación do terceiro módulo, que chegará ao porto do Barbanza nos próximos días.

As redeiras poderán optar a unha axuda máxima de 450 euros polo...
Comentarios