Os Reis mostran o seu interese polos pacientes ingresados en Galicia

Contactaron cos Complexos Hospitalarios da Coruña e Vigo para amosar a súa preocupación polos pacientes e agradecer o esforzo de todo o persoal
 
Don Felipe y Doña Letizia EFE
photo_camera Don Felipe e Dona Letizia. EFE

Os Reis de España contactaron este sábado cos Complexos Hospitalarios da Coruña e Vigo para mostrar o seu interese polo estado dos pacientes ingresados nestes centros sanitarios. 

Así, don Felipe e dona Letizia mantiveron unha conversación co director xerente da área Sanitaria da Coruña e Cee, Luís Verde Remeseiro, e co seu homólogo en Área de Vigo, Julio García Comesaña. 

Segundo fontes de Zarzuela, ademais de preocuparse pola evolución dos pacientes, As Súas Maxestades quixeron coñecer a situación da pandemia na comunidade galega e agradeceron o "esforzo continuado" de todos os profesionais sanitarios e dos "imprescindibles" servizos auxiliares.
 
Estas dúas áreas coas que contactaron os Reis son as máis afectadas de toda Galicia polo coronavirus, así como as de maior densidade de poboación. 

A CORUÑA E VIGO. En concreto, o complexo da Coruña (Chuac) conta con 1.400 camas e puxo en marcha un dispositivo asistencial específico para residencias de maiores. Ademais, é un centro de "referencia" a nivel galego, con gran actividade de transplantes de órganos que "se está logrando manter" e onde a Atención Primaria "está a soportar o maior número de pacientes". 

Pola súa banda, o Álvaro Cunqueiro de Vigo ten unha capacidade habitual de 950 camas, ampliable a 1.200 ademais doutras 350 no complementario Hospital de Meixoero. A conxunto da área abarca 42 centros de saúde, tres hospitais e 10 PAC para dar cobertura a un millón de habitantes.

Comentarios