miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

Rescatado o corpo dun home que apareceu no río en Allariz

Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA
Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA

Os servizos de emerxencias recuperaron preto desta medianoite o corpo sen vida dun home que apareceu flotando no Río Arnoia, no municipio ourensán de Allariz.

Ás 21:00 horas, os profesionais sanitarios informaban ao 112 Galicia da presenza dun varón, posiblemente sen vida, aboiando nun punto pouco profundo deste entorno fluvial.

Segundo informa o 112, púxose entón en marcha un operativo formado polos Bombeiros de Xinzo de Limia, axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, avisouse do sucedido á Policía Local.

Finalmente, os efectivos de intervención sacaron o corpo do río e o puxeron a disposición das autoridades xudiciais para tratar de esclarecer as causas do suceso. 

Rescatado o corpo dun home que apareceu no río en Allariz