Rescatado un pescador que caeu ao mar e nadou ata unha batea na Illa da Toxa

Foi rescatado en bo estado de saúde

Un pescador foi rescatado a última hora da tarde do domingo na Illa da Toxa, en O Grove. Segundo os datos facilitados o 112 Galicia, o home caeu dun barco e nadou ata unha batea, onde foi recollido por unha embarcación particular que o levou ata o porto da localidade en bo estado de saúde.

Os feitos sucederon na illa da Toxa, uns minutos antes das 20.50 horas. Nese momento, varios veciños deron a voz de alarma tras escoitar a alguén pedindo auxilio desde o mar, posiblemente desde unha batea.

Así era. E con estes datos, os axentes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero de rescate Pesca I. Tamén se solicitou a intervención do Servizo Municipal de Protección Civil do Grove, da Policía Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tras ser rescatado, descartouse o trasladado do pescador a un centro médico ao encontrarse en bo estado de saúde.