lunes. 20.01.2020 |
El tiempo
lunes. 20.01.2020
El tiempo

Rescatados un pai e o seu fillo tras quedar illados nunha zona rochosa en Bueu

A embarcación Río Guadalope, da Garda Civil, foi a empregada no rescate. GC
A embarcación Río Guadalope, da Garda Civil, foi a empregada no rescate. GC

Estaban a pescar en Cabo Udra e víronse atrapados sen poder regresar a terra

Un home e o seu fillo foron rescatados por unha embarcación da Garda Civil ao quedar illados nunha zona de rocas, no lugar de Cabo Udra, en Beluso.

Sobre as 11.15 horas, a Policía Local de Bueu solicitaba axuda ao 112 Galicia para rescatar a un home e a un neno que estaban a pescar na zona de Udra e que non podían chegar a terra.

Enseguida, desde o 112 alertouse a Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación, e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Así mesmo, os xestores de urxencias informaron á Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil e puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, por se fose necesaria a súa intervención.

Finalmente, os dous, pai e fillo, foron rescatados por unha embarcación da Garda Civil, que os trasladou ata o Peirao de Bueu. Os dous atopábanse en bo estado e non necesitaron asistencia sanitaria.

Rescate en Muxía
Por outra banda, en Muxía, ao final do Santuario da Barca, unha muller caeu nas rocas, nunha zona de difícil acceso pero sen risco, e non podía camiñar. Foi unha persoa particular quen, ás 11.00 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, informouse ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil da localidade.

Os axentes da Policía Local indicaron que entre eles e os efectivos de Protección Civil puideron sacar á muller das rochas, que foi trasladada en ambulancia polos técnicos sanitarios. Así mesmo, confirmaron que non revestía gravidade.

Rescatados un pai e o seu fillo tras quedar illados nunha zona...