viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Rescatan a unha persoa da auga no porto de Raxó

Vista xeral da ría de Pontevedra, co porto de Raxó en primeiro termo. RAFA FARIÑA (ARQUIVO)
Vista xeral da ría de Pontevedra, co porto de Raxó en primeiro termo. RAFA FARIÑA (ARQUIVO)
Os profesionais sanitarios encargáronse da evacuación da persoa ata o centro hospitalario de referencia

Unha persoa foi rescatada ao caer á auga no peirao de Raxó, no concello pontevedrés de Poio.

Ao fío das 16.00 horas do luns, un alertante chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que unha persoa atopábase na auga ao caer dun bote. Decontado, os xestores de emerxencia puxeron en alerta ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Servizos de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia, a persoa foi rescatada do auga despois de afundirse o bote co que tentaba baleirar a auga doutra embarcación fondeada da súa propiedade. Un particular que se encontraba preto do lugar foi quen rescatou á persoa, que se atopaba a flote, preto da embarcación inundada, polo que, finalmente, non foi precisa a intervención dos medios de rescate.

Nada mais ser rescatada, os profesionais sanitarios encargáronse da evacuación da persoa ata o centro hospitalario de referencia.

Rescatan a unha persoa da auga no porto de Raxó