Rescatan en Poio a un can atropelado por un condutor que se deu á fuga

O condutor que feriu o animal deuse á fuga tras o suceso na Avenida de San Xoán

Can rescatado. GALICIAÉ
photo_camera Can rescatado. GALICIAÉ

A Policía Local de Poio rescatou este sábado a última hora un can recén atropelado na Avenida de San Xoán.

O condutor arroiou ao animal e deuse á fuga. Cando chegaron os axentes comprobaron que o can tiña unha pata rota.

A patrulla sacouno da calzada e abrigouno, xa que estaba a tremer. Unha vez rescatado e co dispositivo de lector de chip localizouse ao seu propietario e fíxose entrega.