sábado. 05.12.2020 |
El tiempo
sábado. 05.12.2020
El tiempo

Rescatan a tres surfeiros que quedaron atrapados nunha zona de rochas en Valdoviño

Un deles resultou ferido

Tres surfeiros foron rescatados ese xoves nas inmediacións da praia de Valdoviño, en Ferrolterra, após quedar illados e atrapados nunha zona de rochas.

Un helicóptero de Salvamento Marítimo encargouse dos labores de rescate e trasladou aos afectados ata o Aeroporto de Alvedro, onde unha ambulancia os esperaba para trasladar a un deles, que resultara ferido.

Un particular alertou do ocorrido ao 112 sobre as 17.30 horas, indicando que tres persoas que estaban a practicar surf na praia de Valdoviño tiñan dificultades para saír da auga.

Desde o 112 Galicia pasouse aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero para o rescate dos afectados.

Rescatan a tres surfeiros que quedaron atrapados nunha zona de...