martes. 19.01.2021 |
El tiempo
martes. 19.01.2021
El tiempo

As residencias de maiores contan con 1.176 casos de Covid-19 activos en Galicia

2020032819484067300
2020032819484067300
No 70% dos casos trátase de usuarios e no resto, de traballadores

Os casos activos de coronavirus en residencias de maiores de Galicia chegan aos 1.176 este mércores. O 70,83% deles contabilízanse entre os usuarios destes centros (833) e o 29,17% restante corresponde aos traballadores afectados (343).

Deste xeito, as residencias seguen sendo un os focos de contaxio máis grandes de toda Galicia e a día de hoxe a Xunta púxose ao mando de cinco delas: a residencia Porta do Camiño (Santiago), a de Fundación San Rosendo en Baños de Molgas (Ourense), a DomusVi Cangas, a DomusVi Barreiro e A nosa Señora de Fátima (O Barco de Valdeorras).

As dúas primeiras foron habilitadas para recibir a usuarios destes centros que padezan a enfermidade e as outras tres foron intervidas logo de detectar o virus na maior parte dos residentes.

A día de hoxe, a de A nosa Señora da Esperanza mantén 101 persoas infectadas nas súas instalacións, a de Cangas conta con 91, e a de Vigo con 67. Outros centros que concentran a maior cantidade de casos en Galicia son o DomusVi San Lázaro (Santiago) con 82 ou A nosa Señora de Fátima (O Barco de Valdeorras) con 61.

Con máis de 30 maiores afectados atópanse a residencia O Portazgo (46), DomusVi Matogrande (41), Divino Mestre (38), San José Hermanitas de Ourense (35) e San Pedro de Crecente (35). Nesta última apareceron 13 casos máis desde o martes.

En total son 47 as residencias galegas que contan con algún caso activo de coronavirus entre os seus usuarios e 92 os maiores que morreron nalgún destes centros desde o inicio da pandemia.

Ademais, a Consellería de Sanidade informou que o número de casos detectados en establecementos de servizos sociais corresponden ao 3,8% do total de p

As residencias de maiores contan con 1.176 casos de Covid-19...
Comentarios