Jueves. 13.12.2018 |
El tiempo
Jueves. 13.12.2018
El tiempo

Retiran da USC folletos anónimos nos que se tachaba de "fascistas" a tres profesores

"Estades no noso punto de mira". Ese era a mensaxe dirixida a Roberto Blanco Valdés, Celestino García Arias e Miguel Caínzos

Tres profesores da USC –Roberto Blanco Valdés, Celestino García Arias e Miguel Caínzos– foron tachados de "fascistas" nuns pasquíns que apareceron en diversas facultades do campus compostelán. 

O Reitorado, segundo infoO profesor Branco Valdésrma El Correo Gallego, deu a orde de retiralos e así o fixo un garda de seguridade que percorreu a cidade para ir quitando os escritos anónimos dos edificios da institución.

Neles chámase aos estudantes a "erguermos un muro contra o fascismo" e levar a loita á rúa. "O fascismo non é só Vox. Vivimos nun estado fascista [...] Vémolo na Catalunya", indica o pasquín, que engade: "Queremos sinalar e denunciar, tamén, aos profesores fascistas da USC Roberto Blanco Valdés, Celestino García Arias , Miguel Caínzos López...". E conclúe cunha ameaza: "Estades no noso punto de mira!".

O profesor Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional, foi vítima dun ataque cun artefacto caseiro no seu domicilio hai oito anos. Apenas causou danos na entrada da vivenda pero si fixo un gran estrondo que espertou a toda a veciñanza. 

Retiran da USC folletos anónimos nos que se tachaba de "fascistas"...
Comentarios