Rexeitan xulgar por delito de vulneración de morada aos activistas que ocuparon a Casa Cornide 

A Audiencia da Coruña desestima a petición da familia Franco "que solicitaba ata 81 anos de cárcere e 24.000 euros de indemnización"
Ocupación simbólica de la Casa Cornide en 2017. AEP
photo_camera Ocupación simbólica de la Casa Cornide en 2017. AEP

A Audiencia da Coruña rexeitou xulgar polos delitos de vulneración de morada e de odio aos nove activistas que ocuparon a Casa Cornide –propiedade do Franco–, en setembro de 2017, segundo informa, nun comunicado, o colectivo '19deMeirás'. 

En concreto, sinalan que a Audiencia desestimou a petición da familia Franco, "que solicitaba ata 81 anos de cárcere e 24.000 euros de indemnización aos nove activistas da Casa Cornide". 

Faio tras desestimar o recurso de apelación presentado pola familia Franco. "Nesta petición, o Franco pretendían imputar ás e os nove activistas delitos de vulneración de morada e delito de odio, no canto de ser xulgados por delito leve". 

"A Audiencia Provincial desestimou este recurso, sendo esta decisión firme", sinalan. Tras este auto da Audiencia Provincial da Coruña, os acusados serán xulgados por delito leve. 

Sobre a decisión xudicial, cualifícana como "unha derrota do Franco". "á que esperamos que lle sigan máis, como a do Pazo de Meirás, ata que todo o patrimonio expoliado polo ditador sexa devolto ao patrimonio público do pobo galego", indica Elvira Branco, portavoz dos denunciados. 

"é hora de que se faga xustiza", engade nun comunicado no que sostén que "os privilexios herdados do franquismo deben terminar, as vítimas deste réxime ditatorial deben ser dignificadas e todo o patrimonio roubado ten que ser devolto ao pobo galego". 

Comentarios