sábado. 07.12.2019 |
El tiempo
sábado. 07.12.2019
El tiempo

Rianxo poderá solicitar unha axuda para paliar os danos ocasionados polo lume

Dous bombeiros apagan un foco do lume de Rianxo, o pasado mes de marzo. LAVANDEIRA JR
Dous bombeiros apagan un foco do lume de Rianxo, o pasado mes de marzo. LAVANDEIRA JR
É o único municipio galego que poderá optar a esta subvención ►En marzo deste ano, un incendio arrasou máis de 1.000 hectáreas de monte

O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto que permite a 240 municipios de seis comunidades autónomas, entre os que se atopa ao concello de Rianxo, beneficiarse de axudas para paliar danos causados en infraestruturas municipais e rede viaria, informou o Ministerio de Política Territorial.

No texto aprobado, proposto polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública, aplícanse as medidas previstas no Real Decreto-lei 2/2019 para compensar os prexuízos por diversas situacións catastróficas rexistradas entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de marzo de 2019.

Así, establécese un réxime de axudas polos danos causados polos temporais de choivas torrenciais, neve, saraiba e vento, inundacións, desbordamentos de ríos e torrentes, pedrisco, fenómenos costeiros e tornados, así como incendios forestais ou outros feitos catastróficos.

O único municipio galego no que se detectaron danos deste tipo causados no período citado é o de Rianxo –en marzo de 2019 un incendio forestal arrasou máis de 1.000 hectáreas–mentres que en Aragón hai 152 concellos afectados; en Asturias, 28; en Cantabria, 48, na Comunidade Valenciana, 19 e na Rexión de Murcia, un.

O artigo 7 do Real Decreto-lei faculta ao Ministerio de Política Territorial a establecer o procedemento para a concesión dunha subvención de ata o 50 % do custo dos proxectos directamente relacionados cos sinistros que executen os Concellos, as deputacións provinciais ou outras administracións.

No entanto, exclúense expresamente os traballos levados a cabo con medios propios da entidade local, xa sexan materiais, maquinaria ou persoal. 

Rianxo poderá solicitar unha axuda para paliar os danos ocasionados...
Comentarios