lunes. 10.05.2021 |
El tiempo
lunes. 10.05.2021
El tiempo

Sálvanse tras romper os cristais do coche para fuxir logo de caer a un río en O Rosal

Una ambulancia. ARCHIVO
Una ambulancia. ARCHIVO
Os catro ocupantes do vehículo foron evacuados a un hospital con feridas nas mans

Catro persoas foron trasladadas este martes a un centro hospitalario despois de que o turismo no que viaxaban caese ao río no Rosal.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as persoas foron evacuadas con feridas nas mans, producidas ao romper os cristais das fiestras do coche para saír do interior do vehículo, que rematou totalmente cuberto de auga.

Os feitos sucederon na parroquia de Tabagón, nas proximidades do velódromo, ao fío das 1.40 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Nada máis ter coñecemento, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos voluntarios de Protección Civil do Rosal, ao GES da Guarda e aos Bombeiros do Baixo Miño. Finalmente, o turismo accidentado foi retirado do río por un guindastre.

Sálvanse tras romper os cristais do coche para fuxir logo de caer a...