Rotas de novo as negociacións de Xustiza tras unha contraoferta sindical

Os traballadores propuxeron baixar a súa petición de subida de 190 euros ao mes ata 180

As negociacións entre o comité de folga dos funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia e a Xunta quedaron rotas este luns de novo tras unha contraoferta sindical.

Os representantes do Goberno galego e dos sindicatos SPJ USO, Alternativas na Xustiza CUT, FeSP UXT, CSIF, STAJ, CIG e CCOO atopáronse este luns, de novo, na sede da Xunta en San Caetano, unha semana despois da última reunión.

O encontro empezou ás 11.20 horas, continuou ata as 12.40, cando houbo un receso dunha hora de duración e as negociacións quedaron rotas uns minutos despois desta parada.

Fontes sindicais explicaron a Efe que a Xunta se levantou da mesa tras unha contraoferta dos traballadores, que propuxeron baixar a súa petición de subida de 190 euros ao mes ata 180, mentres que o Goberno galego mantivo os 133,42 para xestores, 108,42 para tramitadores e 105 para corpos de auxilio, como xa anunciara que faría.

Comentarios