Este sábado activarase a alerta laranxa para as costas de Lugo e A Coruña

Espéranse refachos de forza 8 ó 9 e ondas de ata 7 metros ► Tamén se declara o aviso para o litoral coruñés
Oleaje en Burela el pasado año. ANTONIO LÓPEZ
photo_camera Ondada en Burela. ANTONIO LÓPEZ

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activará a partir de mañá, sábado, a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o episodio adverso costeiro de nivel laranxa comezará ao redor das 18.00 no noroeste da Coruña e na costa da provincia de Lugo. Na madrugada do sábado ao domingo estenderase tamén ao oeste da Coruña.

Espéranse ventos do sur de forza 8 ó 9, e mar combinada do noroeste con ondas de entre 5 e 7 metros segundo a zona.
Ademais, toda a franxa costeira das provincias de A Coruña e Lugo estará en 'alerta amarela' por vento e poderanse alcanzar refachos máximos entre os 80 e os 90 quilómetros por hora.

Emerxencias e Interior informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros, co fin de que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Debido ao temporal costeiro, recoméndase evitar aproximarse a diques ou rompientes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras.
Igualmente, recoméndase permanecer lonxe da costa, praias, rompientes, paseos marítimos, espigóns, portos ou todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar. 

Comentarios