lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

Sanidade crea o 'Covid-auto escola' para centralizar as PCR a alumnos e profesorado

En lugar de recorrer á atención primaria e pediatría, os pais deberán levar aos pequenos ao 'covid-auto' do hospital de referencia 
 

Entre este venres e o vindeiro luns botará a andar o denominado 'Covid-auto escola' co que a Consellería de Sanidade pretende centralizar todas as probas PCR que se teñan que realizar a alumnos e profesorados no caso de detectarse un positivo nunha aula escolar. 

Deste xeito, no momento en que exista un caso de coronavirus nunha aula, alumnos e persoal docente deberán acudir ao 'Covid-auto' do hospital da área sanitaria á que pertenza o centro educativo para someterse ao test PCR. 

O obxectivo, segundo explicou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do seu executivo que deu luz verde a esta medida, é "descargar" a atención primaria e a pediatría e, así mesmo, "diminuír o tempo de sospeita e diagnóstico". 

Sanidade crea o 'Covid-auto escola' para centralizar as PCR a...
Comentarios